|
|
NORMAS PARA O BO DESENROLO DAS PRÁCTICAS1
1. No laboratorio é necesario traballar en silencio. 2. Os libros, abrigos e demais prendas persoais non deberán estar nunca sobre a mesa do laboratorio, nesta, únicamente estará o material da práctica e o caderno de laboratorio. 3. O material debe estar limpo, procedéndose o seu lavado inmediatamente despois do seu uso. 4. Os frascos de reactivos devolveranse ó seu sitio de costume unha vez usados, asegurándose de que están convenientemente tapados. 5. Se hai frascos de uso xeral, para todo o laboratorio, éstes non se deben levar nunca á mesa de traballo. Cando se precise do seu contido, tomarase a cantidade necesaria, nun recipiente adecuado, no lugar onde se encontren. 6. Os reactivos, unha vez sacados dos frascos, nunca deberán ser devoltos ós mesmos, xa que poderían contaminar todo o seu contido. As cantidades que se saquen deberán se-las que se indican no guión das prácticas. 7. Os reactivos líquidos e sólidos que se rexeiten, ou ben se deberán reciclar, ou deberán ser incluídos no sistema de recollida de productos químicos que haxa adoptado ó centro. En todo caso haberá que consultar co profesor no momento de rexeitalos. 8. No desenvolvemento das prácticas, non deberá de substituirse un reactivo por outro nin unha concentración por outra, a non ser que o indique o profesor. 9. Non deberá engadirse nunca un reactivo a un recipiente que se estea quentando, débese retirar primeiro a fonte calorífica. 10. Os tubos de ensaio débense quentar sempre polas paredes, na zona media do líquido que conteñen, movéndoos continuamente e tendo a precaución de que a boca do tubo estea dirixida cara onde non haxa ninguén. 11. Os reactivos nunca deben probarse para coñece-lo seu sabor. Nunca se debe ulir un reactivo directamente, se fai falta axítase ó ar sobre a boca do recipiente acercándoo ó nariz. 12. Se se traballa con substancias inflamables, débese ter coidado de que non haxa chamas próximas. 13. No caso de incendio deberase emprega-lo extintor axeitado, para o cal se debe coñece-la súa situación no laboratorio, e o seu manexo. 14. No caso de queimaduras, cortes ou accidentes deberase avisar inmediatamente ó profesor. 15. O termina-las sesións de laboratorio, a mesa debe quedar limpa e as chaves do gas e da auga pechada. [1] Texto copiado de http://www.cesga.es/ciug/grupostraballo |